Economía pesqueira

Economía pesqueira : achegas desde un curso universitario / María do Carme García-Negro (coordinadora). - Santiago de Compostela : Sotelo Blanco , D.L. 2010. - 655 p. : il., gráf. ; 24 cm

Bibliografía

O libro Economía pesqueira : achegas desde un curso universitario, nace para ofrecer un instrumento de análise, non só para alumnos de economía, senón tamén para un amplo público conformado por profesionais, licenciados ou enxeñeiros en distintas áreas e actividades que estean interesados no desenvolvemento e xestión das actividades dos recursos da pesca e o seu contorno ambiental. Así mesmo, os interesados na xestión pública ou privada destas actividades económicas poderán utilizar esta ferramenta como apoio ás decisións públicas ou privadas que afecten ao sector. Este volume presenta unha colección de estudos realizados por distintos investigadores e investigadoras adscritos a diversas universidades, persoal do CSIC, do Instituto Español de Oceonografía, de centros de investigación de importantes grupos empresariais, de membros da Administración autonómica galega, do Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas Mariñas, da Secretaría General del Mar do MMAEM, das institucións portuarias e das organziacións pesqueiras. É o resultado do esforzo conxunto dos autores e da propia editorial así como da vocación divulgadora do Grupo de Investigación en Economía Pesqueira da USC. O substrato físico-biolóxico da pesca, a sostibilidade dos recursos pesqueiros, un exame da pesca como sector de actividade económica e as características estruturais do sector pesqueiro galego, os traballadores do mar en Galicia, en especial o papel desenvolvido polas mulleres, a investigación, desenvolvemento e innovación, as estratexias de comercialización dos produtos pesqueiros, a seguridade alimentaria, o proceso de nacionalización dos mares, o obxecto e actividade das sociedades mixtas e os principais aspectos da dimensión institucional da pesca na política pesqueira comunitaria constitúen os dez capítulos que configuran este traballo

9788478245932


Economía pesquera


Galicia

33:639.2(461.1) 639.2:33(461.1) X

Powered by Koha